Produtos

Aquí poderás atopar as nosas publicacións. Consúltanos para calquera dúbida que teñas.

Ácido Folclórico

 

Xurxo García, máis coñecido como XurxoJachía presenta este conxunto de 20 pezas para gaita galega, compostas e gravadas polo propio gaiteiro de San Andrés de Comesaña e o seu grupo GaitaCia. Ton e Son Editorial e ChisPún! Estudios produciron esta nova publicación en formato libro/CD, incluindo transcricións das pezas para dúo de gaitas e solista.

No CD podemos atopar unha selección de 12 temas, dos 20 que presenta o libro, gravados ao Vivo por Rubén Troitiño.

15,00 €

  • dispoñible
  • Tempo de envío 1 - 3 días

Tradicionalmente

 

Carlos Estévez presenta este conxunto de 20 pezas para gaita galega, compostas e gravadas polo propio gaiteiro vigués. Ton e Son Editorial e ChisPún! Estudios produciron esta nova publicación en formato libro/CD, incluindo transcricións das pezas para dúo de gaitas e solista.

No CD podemos atopar unha selección de 12 temas, dos 20 que presenta o libro, gravados íntegramente por Carlos Estévez.

15,00 €

  • dispoñible
  • Tempo de envío 1 - 3 días

A viaxe de José do Campo


Conto orixinal creado por Xavier Balsas e Rafa Crespo en formato libro/CD, para disfrutar toda a familia.

O disco inclúe 15 pistas de audio que fan referencia a esta fabulosa viaxe do noso querido protagonista José, un rapaz do Courel que, motivado polo seu afán de coñecer novas músicas, decide improvisar a súa propia viaxe. Todas as músicas que aquí se recollen, son interpretadas polo grupo O Fiadeiro, así como a narración do propio conto, na última pista do CD.

Para os docentes, mestres,... inclúense as partituras dos temas, letras das cantigas e diversas actividades para poder traballalos e disfrutalos no aula.


16,00 €

  • dispoñible
  • Tempo de envío 1 - 3 días

Karaoke popular

 

Nova recompilación de temas en formato Dvd. Un novo modelo de compartir música popular que, de seguro, proporcionaravos divertidos e agradables momentos para cantar, escoitar e bailar entre amigos e familia. O seu funcionamento é moi simple...introducide o disco no voso reprodutor Dvd, seleccionade o tema e xa podedes comezar a cantar, sin necesidade de micrófonos, nin reprodutores especiais. A regueifa, a rianxeira, a saia da Carolina, catro vellos mariñeiros, foliada de Nadela, foliada de Tenorio, himno galego, miñas cousas, o burro da tía Lola, o caneco, o galo, o melro,o sancristán de Coimbra e ven bailar Carmiña son os temas que presenta a editorial Ton e Son neste particular formato

11,50 €

  • dispoñible
  • Tempo de envío 1 - 3 días

Cancioneiro popular

 

Recompilación de cantigas populares, indispensable na biblioteca de toda casa galega. Xa non tes escusa para non lembrarte dos temas populares de sempre (o gato, o galo, o caneco, catro vellos mariñeiros…). Inclúe transcrición musical de cada un dos temas.

10,00 €

  • esgotado

Pack pósters pentagramas (6 uds)

 

Póster pautado en papel de alta calidade para que escribas as túas cancións favoritas ou exercicios musicais de forma permanente.

Evita ter que copiar unha eu otra vez as túas partituras na pizarra en diferentes sesións. Fácilmente enrolable e transportable na súa caixa con asas. Fíxase de forma segura a calquera superficie con masilla adhesiva reutilizable, pinzas, imáns, cinta adhesiva, chinchetas, etc. (non incluído). Suminístrase en paquetes de 6 pósters. 

Tamaño: 140x100

29,00 €

21,00 €

  • dispoñible
  • Tempo de envío 1 - 3 días